Pedro Gamallo Fernández
Gradueime en Enxeñaría Informática pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 2021 e no Máster en Investigación en Intelixencia Artificial da Asociación Española para a Intelixencia Artificial (AEPIA) e a Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) no 2022. Tras realizar prácticas durante un ano na consultora informática Coremain, desenvolvendo aplicacións para xestionar os procesos de negocio dos hospitais e centros de saúde galegos, comecei a miña vinculación co CiTIUS no ano 2020 grazas ao seu programa de Bolsas de Verán e completei o meu Traballo de Fin de Grao orientado á aplicabilidade de novas técnicas de Deep Learning para a minería de procesos.
En outubro de 2025 defendín a miña tese de doutoramento titulada "Deep Generative Models in Proces Mining", centrada no desenvolvemento e aplicación de redes xenerativas baseadas en autoencoders para a mellora da calidade dos rexistros de eventos no ámbito da minería de procesos.
Persoal investigador posdoutoral
/team/pedro-gamallo-fernandez
team_gl