Raquel Dosil Lago

Son profesora titular do Departamento de Electrónica e Informática da (USC). Na USC comecei a miña formación, licenciándome en Física en 1999, e doutorándome no ano 2005 baixo o programa de doutoramento en Electrónica e Informática. Posteriormente ocupei diferentes postos como investigadora posdoutoral e docente no Departamento de Electrónica e Informática. 

En 2011 pasei a formar parte do Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) como investigadora na liña de Video Analytics da Área de Información Multimodal. Durante os últimos 5 anos asumín o cargo de Responsable Técnica da devandita liña, ata a miña reincorporación á USC en 2023.

A miña experiencia investigadora céntrase na visión por ordenador e na análise intelixente de vídeo. Neste ámbito participei en múltiples proxectos de I+D aplicada, cunha forte orientación á transferencia de resultados, en sectores como imaxe biomédica, videovixilancia, smart cities, visión industrial, teledetección e navegación segura de UAV.