Rubén Laso Rodríguez

Obtiven o meu título de doutor en 2023 na Universidade de Santiago de Compostela, traballando en computación de alto rendemento e computación paralela. En 2019, completei o Máster en Matemática Industrial, coa especialización en modelado matemático, e en 2017, o Grao en Enxeñaría Informática, ambos na Universidade de Santiago de Compostela. Neste momento, estou a traballar como investigador postdoutoral no Grupo de Computación Paralela na Universidade Técnica de Viena (TU Wien). Os meus intereses de investigación inclúen a arquitectura de computadoras, cun énfase particular en sistemas NUMA e manycore, así como sistemas operativos e o desenvolvemento de algoritmos paralelos.