Sabela López Pato
Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela, cunha tese doutoral titulada Museoloxías contemporáneas e sistemas culturais emerxentes: modelos, heurísticas, conceptos. Aplicación ao sistema museal galego (2023), dirixida por Arturo Casas e pola que obtivo o primeiro premio na área de Artes e Humanidades do Programa ÍCARUS (USC, 2024).
As súas principais liñas de investigación son: i) a memoria democrática nos museos galegos, ii) museoloxía, feminismo e teorías emancipatorias e iii) museos, culturas minorizadas e Intellixencia Artificial.
Actualmente traballa no Proxecto Nós.
Persoal investigador posdoutoral
/team/sabela-lopez-pato
team_gl