Salvador Alonso Figueroa Vásquez

Son enxeñeiro en informática especializado en enxeñaría de software, graduado na Universidade da Coruña en 2022. O meu traballo de fin de grao centrouse no desenvolvemento dunha aplicación para o apoio en situacións de violencia de xénero e a construción de evidencias. Actualmente, estou a cursar un máster en Intelixencia Artificial na Universidade de Santiago de Compostela, que comecei en 2024. Ese mesmo ano, unínme a CITiUS como investigador colaborador, contribuíndo a un innovador proxecto de intelixencia artificial, XAI4SOC.