Tomás Benavides Álvarez

Na actualidade, despois de rematar o grao de Enxeñaría Informática na USC no 2022, estou cursando un Máster en Intelixencia Artificial que se imparte nesta universidade en colaboración coas universidades de Vigo e A Coruña. O meu principal interese neste momento é a intelixencia artificial, onde me estou especializando na minaría de procesos.

Ingresei ao CiTIUS grazas a unha bolsa de colaboración do Ministerio de Educación e Formación Profesional, coa que me acerquei ao mundo da investigación e rematei a carreira universitaria. Actualmente estou traballando aquí grazas a un concurso público de méritos para a contratación de persoal investigador na fase inicial convocado pola USC, e penso comezar en breve a miña tese de doutoramento.