Victor Xesús Barreiro Domínguez
Son graduado en Enxeñaría Informática (2018-2022) pola Universidade de Santiago de Compostela e realicei o Mestrado en Intelixencia Artificial (2022-2024) na mesma universidade. Realicei prácticas profesionais no Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e en GRADIANT, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, onde trballei en proxectos de intelixencia artificial.
A miña carreira investigadora comezou no CiTIUS, onde obtiven un contrato de iniciación que me permitiu desenvolver o Traballo de Fin de Mestrado (TFM) no centro mesmo centro de investigación. Na actualiade, levo a cabo o doutoraamento no CiTIUS, financiado polas axudas de Formación del Profesorado Universitario (FPU 2022) do Goberno de España. Os meus intereses investigadores abranguen o deep learning e os modelos xerativos aplicados á teledetección e ao procesamento de imáxes multiespectrais.
Persoal investigador predoutoral
/team/victor-xesus-barreiro-dominguez
team_gl