Neste sentido, puxéronse en marcha diferentes iniciativas, desde a organización de actividades de fomento do emprendemento no marco do Plan de Formación do CiTIUS ata o apoio e asesoramento na creación de Empresas de Base Tecnolóxica ( EBTs). Froito deste esforzo, desde a creación do centro xa se crearon varias spin-off a partir dos nosos resultados de investigación.
energHius xorde do CiTIUS como resultado dunha liña de investigación pioneira liderada por Paula López, Víctor Brea, Diego Cabello e Fernando Pardo. A empresa estará dirixida por Daniel García como CEO e Óscar Pereira como CTO, ambos doutores en microelectrónica formados no CiTIUS.
O obxectivo de energHius é desenvolver solucións innovadoras para a captación e xestión eficiente de enerxía en dispositivos electrónicos, con aplicacións clave en Internet das Cousas (IoT), sensores autónomos e dispositivos de baixo consumo.
Páxina webSitum nace en 2015 da man de 3 investigadores e investigadoras predoutorais: Cristina Gamallo, Adrián Canedo e Víctor Álvarez.
Partindo de que os sistemas de localización tradicional (GPS) non funcionan baixo teito, Situm crea unha tecnoloxía multisensorial de localización e navegación en interiores que permite localizar un dispositivo nunha gran superficie.
Páxina webInVerbis creouse en 2021 impulsada por un equipo de investigadores do CiTIUS: Alejandro Ramos, Senén Barro, Alberto Bugarín, Manuel Lama e Manuel Mucientes.
InVerbis céntrase na minería de procesos, analizando automaticamente a súa execución nas organizacións e contribuíndo á optimización, automatización e predición da evolución dos fluxos de traballo nas empresas.
Páxina webImagames foi promovida por 3 investigadores do CiTIUS: Manuel Lama, Juan Carlos Vidal e Arturo Casal, socios fundadores da mesma.
Imagames orientábase ao desenvolvemento de solucións gamificadas en diversos dominios como a formación de empregados e estudantes ou o márketing dixital. A spin- off desenvolveu a súa actividade ata 2021.
Cilenis xurdiu en 2011 a partir da liña de investigación PROLNAT@GE, coordinada por Pablo Gamallo. O seu obxectivo era a creación de aplicacións avanzadas do procesamento da linguaxe natural.
Durante a súa andaina, a empresa lanzou o portal de ferramentas lingüísticas Linguakit e Avalingua, na actualidade licenciado a ProWritingAid. A spin- off desenvolveu a súa actividade ata decembro do ano 2015.