Conferencia: 'Cabalo de Trivia-2: xogándosela a 6 millóns de inocentes'
Ao longo desta conferencia, Román e Miguel desarmarán a aplicación para smartphones «TriviaDos» (actualmente coñecida como «Atríviate») comprometendo o xogo limpo, o protocolo e finalmente o servidor.
Como resultado desta operación desvelaranse unha serie de fallos de seguridade, como trampas para gañar sempre, ferramentas para descifrar comunicacións, e 6 millóns de contas de usuario comprometidas. Así mesmo, repasarann as técnicas e ferramentas empregadas en Enxeñaría Inversa para Android, e relatarán como se reportou a vulnerabilidade a través do GDT da Garda Civil.
Conferencia organizada por GDG Santiago: http://www.gdgsantiago.com/
Arquivo
Ver todos os vídeos no noso arquivo de vídeos