GALiWeather: o tempo en palabras (A predición do tempo en palabras)
'GALiWeather' é unha aplicación que xerará automaticamente pronósticos meteorolóxicos a curto prazo en linguaxe natural, a partir dos datos de predición de Meteogalicia. O sistema, que foi desenvolvido conxuntamente cos meteorólogos do servizo autonómico de meteoroloxía, basa o seu funcionamento en técnicas de Intelixencia Artificial (IA) e Xeración de Linguaxe Natural (NLG). Trátase dun servizo completamente operativo na actualidade, que proporciona a predición particularizada para cada un dos 314 concellos de Galicia.
Arquivo
Ver todos os vídeos no noso arquivo de vídeos