Seminario: 'Lóxica e linguaxes'
Ponente: Eric Trillas
Cando George Boole engadiu o simbolismo das matemáticas, a lóxica comezou a separarse da linguaxe natural e o razoamento ordinario cara o das matemáticas e o razoamento deductivo. Con todo, e nos segundos, os significados resultan de específicas condicións 'si e só si' marcando unha gran diferenza co primeiro caso, onde só se pode describilos. Alí a semántica xoga nun campo distinto; uso, contexto e propósito, fan que, na súa análise, non se poida proceder do mesmo xeito que cando os tres colapsan nunha definición e os significados se pechan entre bordos ríxidos.
Tras resaltar que hoxe e máis que lóxica, hai lóxicas, lembrar que se entendeu por lóxica entre o mundo grego clásico e o actual, entre Aristóteles e Alfred Tarski, así como a lóxica polivalente, Kurt Gödel, Alan M. Turing e John von Neumann, entre outros, poranse de manifesto as diferenzas entre o analóxico e o dixital, entre a Cibernética e a Intelixencia Artificial, así como a relevancia que o seu chamado 'nudo gordiano' impón ao estudo da linguaxe natural, o razoamento ordinario ou de sentido común e, especialmente, do razoamento creativo. Tras comentar o problema filosófico da verdade e distinguir entre o medible e o metafísico tentarase, finalmente, mostrar cara a onde deberían tender esos estudos para achegarse á súa domesticación científica.
Máis información: https://citius.gal/es/events/seminario-loxica-e-linguaxes/
Arquivo
Ver todos os vídeos no noso arquivo de vídeos