Ciencia Singular 2020

Na primeira edición virtual de Ciencia Singular, o CiTIUS propón un innovador formato de visita ao Centro a través dun evento en directo en Youtube conducido polo recoñecido divulgador de ciencia Javier Santaolalla, descrito por algúns medios como "o maior divulgador científico español na rede”. Membro do programa ‘Órbita Laika’ de TVE e do grupo Big Van Ciencia dende 2013, Javier é tamén creador dos canles de ciencia en Youtube ‘Date un Vlog’, ‘Date un voltio’, e ‘Date un mí’. O sábado 28 participará xunto aos investigadores do CiTIUS na xornada Ciencia Singular para falar de Intelixencia Artificial centrada nas persoas, Tecnoloxías Intelixentes ante a COVID, e moitos outros contidos de gran interese.

MARCAS DE TEMPO

00:00 Careta de entrada

00:05 Presentación 'Ciencia Singular 2020' (Javier Santaolalla)

02:35 Benvida ao CiTIUS (Senén Barro e Paula López, directores do centro)

09:37 Titulares: adiantamento dos contidos da xornada (Javier Santaolalla)

10:52 Preguntas sobre IA que non se leva o vento: '¿Que poden saber de nós dende o espazo?' (Dora Blanco)

17:58 Conexión co laboratorio de robótica do CiTIUS (Senén Barro, Paula López, Daniel García Lesta, Lorenzo Vaquero e Fernando Estévez)

27:04 Preguntas sobre IA que non se leva o vento: 'Adiviñaría un sistema intelixente o que a túa boca di de ti? (Nicolás Vila)

33:05 O CiTIUS ante a Covid-19: ¿cómo axudan as Tecnoloxías Intelixentes a afrontar a pandemia? (Javier Santaolalla)

34:45 Entrevista a Víctor Álvarez, doutor polo CiTIUS e CEO da spin-off do centro 'Situm Technologies' (Senén Barro, Víctor Álvarez)

52:09 Proxecto Fundación BBVA para a búsqueda de posibles síntomas de COVID a partir da análise intelixente de radiografías de tórax (Adrián González Sieira)

56:24 'Social Minder': ferramenta de análise da credibilidade en informacións publicadas sobre saúde en redes sociais (David E. Losada e Marcos Fernández Pichel)

01:03:58 Preguntas sobre IA que non se leva o vento: '¿Palan e enténdenos as máquinas?' (Alberto Bugarín)

01:13:45 Mostra de tecnoloxías desenvolvidas no CiTIUS (Javier Santaolalla)

01:14:42 Correxor gramatical 'Avalingua' (Pablo Gamallo)

01:18:01 Ferramenta para a xeración de resumos en vídeo (Manuel Mucientes)

01:20:30 Aprendizaxe automático multidispositivo (Fernando Estévez)

01:23:35 Técnicas de procesamento de fotogrametría para a identificación de zonas seguras de entrega de mercadorías lixeiras transportadas por drones en zonas de difícil acceso (José Carlos Cabaleiro)

01:25:45 Proxecto TRAFAIR para a mellora da calidade do aire nas cidades (José Ramón Ríos Viqueira)

01:29:18 Nodo sensor autoalimentado, capaz de arrancar en frío e funcionar de forma totalmente autónoma cando recibe luz (Paula López)

01:32:38 Sistema de seguimento múltiple de obxectos en vídeos ou multi-tracking (Lorenzo Vaquero)

01:34:45 Preguntas sobre IA que non se leva o vento: 'Pode unha Intelixencia Artificial pensar de forma creativa?' (Alejandro Catalá)

01:40:09 Despedida 'Ciencia Singular 2020'

Arquivo

Ver todos os vídeos no noso arquivo de vídeos