Por que nos importa tanto a IA? con Senén Barro, Daniel Innerarity e Francisco José Prieto (Mentes Singulares | Temporada 2 - PGM01)
¿A intelixencia artificial cómpre-nos? Por que, realmente? Parece que si, e moito. Importa aos gobernos, aos filósofos, aos educadores… También importa ás relixións. “Antiqua et nova. Nota sobre a relación entre a intelixencia artificial e a intelixencia humana”, publicado polo Dicasterio para a Doutrina da Fe e o Dicasterio para a Cultura e a Educación da Igrexa católica, alértanos sobre o perigo de que o ser humano se converta en “escravo da súa propia obra”, recordando a coñecida frase de Stephen Hawking: “Lograr crear unha Intelixencia Artificial pode ser o maior logro histórico da humanidade. Pero tamén pode ser o último, se non acertamos a evitar os seus riscos”.
Ao longo deste podcast, un filósofo (Daniel Innerarity, catedrático de filosofía política e investigador), un arcebispo (Mons. Francisco José Prieto, arcebispo de Santiago de Compostela) e un científico da computación (Senén Barro, director científico do CiTIUS), responden á pregunta que dá título ao episodio, pero tamén debaten sobre aquilo que máis nos debe preocupar se deseñamos ou usamos mal a IA —desemprego tecnolóxico, delegación cognitiva, desinformación, debilitamento da democracia, as desigualdades e as armas autónomas— e sobre a posibilidade de que as máquinas cheguen a ter consciencia ou unha intelixencia á imaxe e semellanza da nosa.
E ti, como o ves?
PARTICIPA!
Mándanos preguntas, propostas. Gustaríache que falásemos dalgunha temática en concreto? Tes suxestións? Queremos escoitarte! Participa a través das nosas canles:
-
Instagram: https://www.instagram.com/citiususc/
Disfruta tamén de Mentes Singulares como podcast en
Spotify: https://open.spotify.com/show/0NEbtTnzznUYqH69mMHAZh?si=eee35b5e90fc4117
Apple podcast: https://podcasts.apple.com/es/podcast/mentes-singulares/id1597908734
Ivoox: https://www.ivoox.com/podcast-mentes-singulares_sq_f11415157_1.html
Suscríbete ao noso feed en http://citius.podcast.gal
Sobre nós
Somos Mentes Singulares, un programa dixital onde poderás aprender todo sobre computación avanzada, Science and engineering, Data integration, Edge computing, Smart industry, Industria intelixente, saúde dixital, sistema de visión artificial, visión por computador e un longo etcétera!
Arquivo
Ver todos os vídeos no noso arquivo de vídeos