#WomenInTech | Constanza Andión: 'Machine Learning para saúde materno-fetal'
#WomenInTech é a serie do CiTIUS que visibiliza referentes femininos en tecnoloxía e investigación, coincidindo co Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia (11F).
Neste vídeo coñecemos a Constanza Andión, estudante de doutoramento no CiTIUS con contrato FPI do Ministerio de Ciencia e Innovación.
A súa investigación aplica técnicas de #MachineLearning a datos multimodais para mellorar a detección de fetos pequenos e analizar traxectorias de crecemento fetal, contribuíndo a unha medicina máis precisa e preventiva.
Tecnoloxía ao servizo da saúde materno-fetal.
Arquivo
Ver todos os vídeos no noso arquivo de vídeos