#WomenInTech | Marta Núñez: 'Intelixencia Artificial aplicada á imaxe cardíaca'
Con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia (11F), o CiTIUS presenta #WomenInTech, unha serie de entrevistas que visibiliza o talento feminino en ciencia e tecnoloxía.
Neste vídeo coñecemos a Marta Núñez, investigadora posdoutoral no @citiususc especializada en imaxe cardíaca multimodal e aprendizaxe automático. A súa traxectoria combina formación en Enxeñaría de Telecomunicación, Visión por Computador e Imaxe Médica, así como experiencia investigadora internacional en centros de referencia como o IHU Liryc (Burdeos).
A súa investigación céntrase no desenvolvemento de modelos multimodais e estandarizados do corazón para a análise estatística de datos cardíacos, integrando técnicas de #MachineLearning e procesado avanzado de imaxe médica.
Ciencia, tecnoloxía e impacto en saúde cardiovascular.
Arquivo
Ver todos os vídeos no noso arquivo de vídeos