Acto de presentación do novo Máster Interuniversitario en Big Data: Tecnoloxía de Análise de Datos Masivos

​O vindeiro 15 de abril de 2015, ás 13:00 horas, terá lugar o acto de presentación do novo Máster Interuniversitario en Big Data: Tecnoloxía de Análise de Datos Masivos. O evento terá lugar no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñería da USC.