
Oferta de emprego: «Desenvolvemento do demostrador ZFTool»
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA ESTA OFERTA DE EMPREGO REMATOU
SOLICITUDE PAO CiTIUS oferta un contrato de técnico superior de apoio á investigación para o desenvolvemento do demostrador ZFTOOL, unha ferramenta para a determinación do índice de proliferación das células tumorais en peixe cebra. O contrato, cunha duración de tres meses e xornada a tempo completo, está dotado cunha retribución bruta mensual de 1477,13€ e farase efectivo a partir do día seguinte á data da resolucion reitoral de selección.
Titulación requirida
Licenciado/a - grao en enxeñaría informática ou enxeñeiro técnico en informática
Méritos a valorar
-
Expediente académico, 30 puntos.
-
Coñecementos de ferramentas
-
Como opencv e traballo con imaxes, 10 puntos.
-
Coñecementos para o desenvolvemento de interfaces e semellantes, 10 puntos.
-
Programación (java, python), 20 puntos.
-
Entrevista persoal aos 3 mellores candidatos, 30 puntos
Documento íntegro cos detalles da convocatoria e prazos para o envío de candidaturas.