Oferta de traballo no CITIUS (PECHADA)
O PROCESO DE SELECCIÓN XA CONCLUIU. NON SE ACEPTARÁN MÁIS CANDIDATURAS PARA ESTA OFERTA
Ofertamos un contrato de traballo a tempo completo asociado ó desenvolvemento das plataformas web de apoio á investigación e difusión do centro.
Requisitos mínimos para presentación do candidato
-
Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos ou equivalentes:
- Graduado en Informática
- Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas
- Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos
-
Coñecementos da linguaxe PHP e JavaScript con Jquery.
-
Coñecementos dos estándares HTML e CSS.
Habilidades valorables
-
Coñecementos das linguaxes Perl, Ruby, Python e Bash.
-
Experiencias con software desenvolvido utilizando arquitecturas SaaS.
-
Soltura no manexo de sistemas GNU/Linux.
-
Capacidade de organización do traballo.
-
Toma de decisións e iniciativa propia.
-
Compromiso cos obxectivos da organización.
Tarefas a desenvolver
-
Desenvolvemento dun sistema de xestión da información para a organización, tomando como punto de partida unha base de datos xa existente, en funcionamento e documentada.
-
Integración do sistema de información desenvolto coa páxina web do centro, que conta actualmente cunha implementación temporal.
-
Desenvolvemento dun novo tema visual para a páxina web do centro, feita en Drupal, acorde coa nova liña gráfica.
-
Continuar desenvolvendo solucións web segundo as necesidades do centro e colaborar no mantemento dos sistemas actuais en funcionamento.
Tedes máis información no documento adxunto. Os interesados ou interesadas podedes enviar o voso currículo mediante correo electrónico a citius.tic@usc.es ata o día 20 de Decembro de 2012.