A elite da Intelixencia Artificial debate desde hoxe en Santiago de Compostela os principais desafíos para os próximos anos
A elite da investigación mundial en Intelixencia Artificial (IA) aborda desde hoxe e ata o vindeiro xoves en Santiago de Compostela os principais desafíos deste campo de investigación, tanto no ámbito económico como sobre a súa regulación, para garantir un uso ético.
A elite da Intelixencia Artificial mundial debate desde hoxe e ata o vindeiro xoves en Santiago de Compostela os principais avances rexistrados neste campo de investigación, así como os retos e desafíos que deberá afrontar no futuro inmediato, con especial atención ao impacto en ámbitos como a regulación, o compromiso ético, o impacto económico ou as achegas para resolver os principais problemas da humanidade.
A European Conference on Artificial Intelligence (ECAI 2024), promovida pola Asociación Europea de Intelixencia Artificial (EurAI), a Sociedade Española de Intelixencia Artificial (AEPIA) e organizado polo CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela - USC, cofinanciado pola Unión Europea a través do programa Galicia FEDER 2021–2027), conta cun amplo programa coa presentación dos últimos resultados científicos, conferencias, paneis de debate, obradoiros e demostracións para poñer en valor a achega da IA ao desenvolvemento da sociedade.
No transcurso do relatorio inaugural, Iryna Gurevych, profesora de Procesamento de Coñecemento Ubicuo no Departamento de Ciencias da Computación da Universidade Técnica de Darmstadt en Alemaña, presentou o modelo Missci, un novo modelo teórico de argumentación para razoamentos falaces e desmantelar as narrativas enganosas baseadas en interpretacións falsas de publicacións científicas.
Durante a presentación do seu relatorio Cara á verificación de feitos no mundo real con modelos lingüísticos de gran tamaño alertou de que «a desinformación expón unha ameaza crecente para a nosa sociedade e que se estende moi rapidamente», debido ao volume de información e a relevancia do seu contido. Así, explicou que adoita ser información de interese para un gran número de persoas e puxo como exemplo o grave impacto na saúde pública das fake news relacionadas co Covid19 e o uso da cloroquina como tratamento, ou as informacións que sementaban dúbidas sobre as vacinas.
A profesora Gurevych lembrou que as crenzas das persoas a miúdo non dependen da afirmación e o razoamento racional, senón de contido crible que fai que a afirmación «pareza máis confiable, como publicacións científicas ou contido visual que foi manipulado ou provén de contextos non relacionados. Os seres humanos tendemos a crer con máis facilidade a información que nos chega de forma visual, a través de imaxes», engadiu.
Gurevych propuxo automatizar a contextualización das imaxes para logralo, porque os seres humanos son capaces de «ter en conta a fonte dunha afirmación e as súas posibles motivacións». Segundo indicou, nos procesos de verificación automáticos, a «orixe debe terse en conta e ser valorada, xa que se necesita contexto para atopar e usar evidencias baseadas no contexto, analizando aspectos básicos como a orixe da foto, lugar e data de orixe ou o motivo mesmo da foto».
Para combater a desinformación, segundo defendeu, é necesario explicar «Por que se creu que a afirmación era verdadeira? Por que a afirmación é falsa? E por que a explicación alternativa é correcta?».
Gurevytch presentou os seus esforzos para identificar e desmantelar as narrativas enganosas baseadas en interpretacións falsas de publicacións científicas e mostrou como utilizar modelos lingüísticos multimodales de gran tamaño (LLM) para detectar información errónea baseada no contido visual e proporcionar explicacións alternativas sólidas para o contido visual. Presentou o modelo Missci, un novo modelo teórico de argumentación para razoamentos falaces.
Segunda ECAI en Santiago
Senén Barro, director do CiTIUS e presidente do comité organizador, destacou na cerimonia de inauguración da ECAI 2024 que esta é a segunda ocasión na que Santiago de Compostela acolle a Conferencia Europea de IA, despois de facelo de «forma exitosa en 2020, en plena pandemia, pero de forma exclusivamente dixital».
Barro subliñou que esta edición coincide co 50 aniversario do primeiro congreso sobre IA, o que indica que non é un ámbito de investigación recente. Ademais, agradeceu a implicación e colaboración dos membros do Comité, o equipo organizador e as empresas e organismos patrocinadores, á vez que pediu aos gobernos un «apoio decidido ao desenvolvemento da IA» na nosa comunidade.
O reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, agradeceu aos organizadores do evento elixir a cidade de Santiago, cunha universidade con máis de 500 anos de historia e que «enfronta o futuro adestrando e formando aos profesionais do futuro». Así, destacou o máster universitario en Intelixencia Artificial e o compromiso da USC coa investigación neste campo, a través de centros singulares como o CITIUS e a colaboración con organismos e institucións.
O Conselleiro de Educación, Ciencias e Universidades, Román Rodríguez, destacou que o Goberno galego considera que o desenvolvemento da IA é un «eixo estratéxico para o desenvolvemento económico e social« e destacou que a Xunta conta xa coa Estratexia Galega de IA 2030, unha «folla de roteiro para situar á comunidade como unha rexión avanzada».
Segundo dixo, a «tecnoloxía avanza con novos desafíos e oportunidades e depende de nós como os afrontemos. Hoxe a IA non é unha promesa afastada, como hai 50 anos, senón unha realidade que transformou a sociedade».
Ética e valores
Pola súa banda, a alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, asegurou que a «IA é unha ferramenta poderosa que, empregada con ética, valores e civismo, pode transformar industrias e mellora a vida das persoas». «Desde as administracións públicas, temos claro que o uso desta ferramenta é unha cuestión ética. A IA ten capacidade de amplificar o mellor de nós. Por iso temos que utilizalo con responsabilidade e sabedoría», agregou.
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, afirmou que a IA «preséntase como unha oportunidade para o desenvolvemento da sociedade, para seguir avanzando, progresando, para mellorar a vida das persoas».
Neste sentido, destacou a aposta do Goberno de España para «que o noso país xogue un papel crave» no ámbito internacional no desenvolvemento desta tecnoloxía con iniciativas pioneiras como a Estratexia Nacional de Intelixencia Artificial ou a posta en marcha na Coruña da AESIA (Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial).
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asegurou que «nos atopamos en momentos de cambios rápidos e profundos» e «a tecnoloxía non só afecta á industria senón á sociedade no seu conxunto». Por iso, cualificou á ECAI 2024 como unha plataforma importante para «compartir coñecemento e fomentar a colaboración entre as distintas disciplinas e xerar novas ideas que impulsen unha innovación responsable».
Ignasi Belda, director da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA), destacou o papel «líder de España e Galicia» no desenvolvemento da Intelixencia Artificial e sinalou a importancia de desenvolver o ecosistema que apoie a innovación, as empresas e o desenvolvemento sen deixar a ninguén atrás. Ademais, subliñou que a AESIA é a primeira axencia da súa clase en Europa.
ECAI 2024 supón un evento de récord, tanto polo número de relatorios presentados, que supera o medio milleiro, como polo número de asistentes e relevancia dos seus contidos. Sen dúbida, todo iso fará de Santiago de Compostela a capital mundial da intelixencia artificial durante a semana do 19-24 de outubro.