CiTIUS
News
May 3, 2022
Author/s
  • Senén Barro Ameneiro
Unha década facéndonos preguntas... agora, tócache a ti: pregúntalle ao CiTIUS!

Unha década facéndonos preguntas... agora, tócache a ti: pregúntalle ao CiTIUS!

O Centro lanza unha campaña para dar resposta ás dúbidas e curiosidades sobre o seu labor de investigación en torno á Intelixencia Artificial e as tecnoloxías intelixentes: unha iniciativa aberta a toda a sociedade, con especial énfase no alumnado dos centros educativos de Galicia. Participa!

‘**Mellorar a sociedade a través das tecnoloxías intelixentes’. Hai 10 anos, o CiTIUS estreou o seu edificio no corazón do Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela, unha década facéndonos preguntas e buscándolles respostas. Agora o CiTIUS, (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC) quere darche a oportunidade de que sexas ti quen nos pregunte. Dinos que che gustaría saber das tecnoloxías intelixentes: máquinas que ven, que len, que oen e falan... máquinas que aprenden, que se expresan de xeito creativo. Queremos escoitarte: pregúntanos,