Recentes achegas á investigación literaria dende a posteridade doutoral
A investigación versa sobre o estado da cuestión da memoria democrática nos museos galegos. Explora o corpo de obxectos relacionados co tema custodiados no sistema museal de Galicia e analiza tanto a política seguida ao respecto como a dotación de recursos. A representación deste repertorio, concluímos, é exigua, polo que se consideran as posibles causas e consecuencias: un silenciamento nada inocente do patrimonio relacionado coa Guerra Civil e a posterior represión. Heuristicamente observamos as posibilidades que no ámbito da museoloxía brindan os estudos sobre a cultura material e as teorías emancipatorias. Istó é, as alternativas que se ocupan do que habitualmente cae do outro lado da ecuación: as pequenas cousas esquecidas.
keywords: Sistema museal galego, cultura material, memoria democráticas, feminismo