Organización

Organización

O modelo organizativo do CiTIUS baséase no modelo da Rede de Centros Singulares de Investigación da USC

A dirección do CiTIUS recae no Prof. Dr. Senén Barro Ameneiro, Director Científico, e a Prof. Dra. Paula López Martínez, Directora Adxunta
schema
Comisións Externas
No modelo organizativo do CiTIUS adquire un papel relevante o asesoramento prestado polas súas dúas comisións externas.
Comisión Científica Externa
A Comisión Científica Externa asesora á Dirección do Centro, avalía periodicamente o desenvolvemento da súa actividade científica e asesora sobre a adscrición de novos investigadores. Na actualidade está formada por seis investigadores de recoñecido prestixio científico
  • Prof. Dr. Ramón López de Mántaras, do Institut d’Investigació en Inteligéncia Artificial do Centro Superior de Investigaciones Científicas (IIIA-CSIC)
  • Prof. Dr. David Atienza, do École Polytechnique Fédérale de Lausanne (EPFL)
  • Prof. Dr. Gustavo Alonso, da Eidgenössische Technische Hochschule Zürich (ETHZ)
  • Prof. Dr. Francisco Tirado, da Universidad Complutense de Madrid (UCM)
  • Prof. Dr. Pedro Larrañaga, da Universidad Politécnica de Madrid (UPM)
  • Prof. Dra. Maite Taboada, da Universidad Simon Fraser University (SFM).
  • Prof. Dra. Ana Paiva do Instituto Superior Técnico, INESC-ID, Universidade de Lisboa (Portugal)
Consello Empresarial e Social
O Consello Empresarial e Social ten por obxectivo establecer novas fórmulas de colaboración nos ámbitos de recursos humanos, formación e transferencia de tecnoloxía, establecer unha canle de comunicación que permita identificar intereses comúns a explorar, así como desenvolver fórmulas de patrocinio e financiamento privado. Na actualidade está formado por catorce profesionais de diferentes entidades
  • Clara Jiménez Piñar, Directora de Innovación, Accenture.
  • Elías Castro, Director Galicia, DXC Technology.
  • Antonio Agrasar, Conselleiro Delegado, Plexus.
  • David Pascual Portela, Experto en Innovación e Transformación Dixital
  • Nuria Oliver, Asesora Científica Principal e cofundadora, ELLIS Alicante Foundation.
  • Antonio Rodríguez del Corral, Presidente do Cluster TIC Galicia e CEO de CINFO.
  • Andrés García-Rodeja Fraga, Data, Inditex.
  • Javier Santiso, CEO e Socio Principal, Mundi Ventures.
  • Jorge Barrero Fonticoba, Director Xeral, Fundación Cotec.
  • Idoia Salazar, Presidenta, OdiseIA.
  • Santiago Rey Requejo, CEO, Televés.
  • Víctor Álvarez Santos, CEO e fundador, Situm.
  • Héctor Álvarez Oliván, Director de Estratexia e Indraventures, Indra.
  • Inmaculada Rodríguez Cuervo, Directora Xeral, Unirisco.
Comisión Reitora
A Comisión Reitora é o órgano superior de goberno e está formada por representantes da Universidade de Santiago de Compostela e da Xunta de Galicia.
  • Antonio López Díaz, Reitor da USC e presidente da Comisión.
  • Vicente Pérez Muñuzuri, Vicerreitor de Política Científica da USC.
  • José Alberto Díez de Castro, secretario Xeral de Universidades, Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Xunta de Galicia.
  • Javier Ferreira Fernández, Xerente da USC.
  • Cecilia Sierra Rey, Presidenta do Consello Social da USC.
  • Pilar Bermejo Barrera, representante do Consello de Goberno da USC.
  • Senén Barro Ameneiro, Director Científico do CiTIUS.
  • Paula López Martínez, Directora Adxunta do CiTIUS.
Comisión de Apoio á Dirección
A Comisión de Apoio á Dirección é unha estrutura interna formada por 6 investigadores vinculados, a Dirección Científica, a Dirección Adxunta e a Unidade de xestión do coñecemento e a transferencia. As súas principais funcións son asesorar á dirección na toma de decisións e colaborar na planificación estratéxica do CiTIUS.
Áreas de Apoio
A estrutura de xestión do Centro compleméntase coas catro Áreas de Apoio:
  • Área Estratéxica - Unidade de xestión do coñecemento e a transferencia: céntrase na identificación de novas oportunidades de financiamento, a xestión da transferencia de coñecemento e tecnoloxía, a protección de resultados, a proxección exterior do CiTIUS, e o apoio ao emprendemento.
  • Área Técnica - Unidade de xestión de infraestruturas TIC: desenvolve as funcións de xestión da adquisición de equipamento informático e técnico, xestión de inventario, administración de sistemas e servizos, desenvolvemento e xestión das ferramentas software que soportan o funcionamento do Centro incluíndo a web do mesmo, e formación de usuarios.
  • Área de Comunicación - Unidade de prensa e comunicación: encargada de difundir a actividade do Centro nos medios de comunicación no seu sentido máis amplo.
  • Área de Planificación - Unidade de planificación estratéxica e apoio á dirección: desenvolve as funcións de xestión económica, xestión de persoal, xestión documental e elaboración da memoria de actividades.