Infraestruturas TI

Infraestrutura do centro

As infraestruturas de computación do CiTIUS utilízanse como ferramenta da actividade investigadora, para o desenvolvemento de proxectos en colaboración co sector industrial e como soporte da actividade diaria do centro.

As ditas infraestruturas alóxanse nun moderno CPD de 22 m² e 8 armarios de 48U situado no soto do edificio do CiTIUS e permiten ao CiTIUS dispor da capacidade para desenvolver proxectos e servizos nas seguintes liñas:

  • Paralelización de aplicacións
  • Optimización de aplicacións en arquitecturas multinúcleo
  • Optimización de aplicacións por medio de computación en GPGPU
  • Deseño e desenvolvemento de arquitecturas cloud

Infraestrutura do centro

Dispoñemos dun pequeno clúster heteroxéneo de computación no que o persoal investigador do centro pode executar aplicacións computacionalmente costosas composto de 14 nodos:

  • 9 nodos Dell R740 cada un con dous procesadores Intel Xeon Gold 5220R de 24 cores e 192 GB de RAM.
  • 1 fat node Dell R840 con catro procesadores Xeon Gold 6248 de 20 cores e 1 TB de RAM.
  • 2 nodos Dell R7525 con dous procesadores AMD EPYC 7543 de 32 cores, 256 GB de RAM e dous GPUS NVidia Ampere A100.
  • 2 nodos Dell R740 con dous procesadores Intel Xeon Gold 5220 de 18 cores, 192 GB de RAM e dous GPUS Nvidia Tesla V100s.

O clúster conta cun almacenamento distribuído de alto rendemento usando BeeGFS interconectado por unha dobre rede de fibra a 25Gb con mais de 200 TB de capacidade.

Clúster Big Data

Dispoñemos tamén doutro clúster deseñado específicamente para traballos de Big Data. Está composto por 16 nodos idénticos con 20 cores, 384 GB de RAM e 32 TB de disco duro cada un e no que se atopa instalado software dedicado ao traballo con Big Data como Spark, HDFS, Mesos, etc.

Computación GPU

Dispoñemos de varios servidores equipados con diferentes tarxetas gráficas para aqueles usuarios que precisen este tipo de infraestruturas para a execución dos seus programas ou para desenvolver aplicacións baixo o paradigma de computación GPGPU.

Servidor Dell PowerEdge R720 ( 1 Intel Xeon E52609, 16 GB RAM)

  • Gigabyte GeForce GTX Titan 6GB
  • Nvidia Titan X Pascal 12GB

Dous Servidores PowerEdge R730 (2 Intel Xeon E52623v4, 128 GB RAM)

  • 2 Nvidia Tesla P40 24GB

Servidor SIE LADON 4214 ( 2 Intel Xeon Silver 4214, 192 GB RAM)

  • Nvidia Quadro P6000 24GB
  • Nvidia Quadro RTX8000 48GB
  • 2 Nvidia A100 80GB

Servidores privados virtuais na nube (VPS)

Ofrecemos ao persoal investigador un servizo do tipo IaaS basado en Proxmox. Este servizo consiste en servidores privados virtuais na nube correndo sobre cinco servidores conectados a un almacenamento distribuído. Esto proporciona aos usuarios unha contorna totalmente configurable para realizar desenvolvementos, probas, despregamentos, etc.