Laboratorios

Laboratorio de Robótica

Laboratorio de 97 m² acondicionado para a experimentación con robots autónomos e vehículos aéreos non tripulados ( UAVs). O laboratorio dispón dun sistema de localización con cámaras que permite recoñecer de forma precisa a posición dos robots e realizar o seu seguimento.

Na actualidade o laboratorio dispón de 2 brazos roboticos:

  • un brazo Franka Panda con 7 graos de liberdade, integrado en ROS e con sensores táctiles baseados en visión ( Digit. ml) que permiten un control preciso do contacto;
  • un brazo UR5e (Universal Robots) instalado sobre unha plataforma móbil (KAIROS+) para realizar tarefas de manipulación en colaboración con persoas.

O laboratorio tamén dispón de 5 robots móbiles Pioneer completamente equipados, 1 robot humanoide NAO, 1 UAV cuadri-rotor AscTec Pelican. Ademais dun sistema de eye-tracking ou unha cabeza estereoscópica, ol laboratorio también dispón dun equipamiento necesario para a percepción da contorna desde os robots, como cámaras RGBD ou escáneres láser elaboración LiDAR.

Laboratorio de Microelectrónica

Laboratorio de 29m² para o deseño, testeo e caracterización de chips microelectrónicos. Entre o equipamento dispoñible, atópanse fontes de alimentación Hameg, xeradores de función Tektronix de 1, 2 e 4 canles, medidores LCR de precisión, osciloscopios Tektronix de hasta 54 canles a 500MHz, un picoamperímetro de dobre canle, tarxetas de adquisición e outros equipos de medida de propósito xeral.

Conta tamén cun microscopio Leica con saída dixital, iluminación LED e zoom óptico e dúas estacións de soldadura dixitais JBC de ata 400 graos, unha por contacto e outra por fluxo de aire quente. Ademais, dispón de cámaras comerciais de propósito específico para a avaliación de prototipos: cámara multiespectral ADC micro, cámara BOA Prol/ Sherlock e cámaras de tempo de voo e eventos.

Laboratorio de Realidades Intanxibles

Este laboratorio está deseñado para a investigación en aplicacións multipersonais de realidade virtual e aumentada. Dispón de 56 m² que poden utilizarse para aplicacións de realidade virtual multipersonal nas que os participantes están situados conxuntamente, é dicir, no mesmo espazo. Pode reconfigurarse facilmente en catro espazos separadas de 14 m² cada un, o que permite investigar aplicacións nas que os participantes están distribuídos por todo o mundo

O laboratorio tamén conta con varios computadores para a renderización gráfica, xunto con varios equipos de realidade virtual para a experimentación como o seguimento óptico e o audio inmersivo, entre outros.

Maker Lab

Unha contorna para desenvolver a creatividade dos investigadores e investigadoras do CiTIUS a través de proxectos orientados á fabricación e á electrónica. O espazo ocupa aproximadamente 45 m² e conta con dúas máquinas de impresión 3D de filamento termofusible, unha máquina de impresión 3D de fotocurado ultravioleta, máquinas de corte por control numérico por computador (CNC), un stock de pequenos compoñentes electrónicos, bancos de traballo fixos e móbiles e as ferramentas necesarias para o desenvolvemento deste tipo de traballos.

Plató virtual

Espazo de 45m² destinado á produción de contidos audiovisuais de calidade para facer difusión dos resultados científicos do centro e así chegar a un público obxectivo máis amplo. Este espazo conta cun Chroma Key de 7,2m x 2,80m, equipamento informático para o procesado de imaxe e vídeo, unha capturadora, unha mesa de mesturas, unha cámara robotizada, micrófonos e elementos de iluminación.