Esta comisión ten por obxectivo principal velar polo principio de igualdade en toda a actividade do CiTIUS e particularmente nos seguintes ámbitos:
- Perspectiva de xénero en todas as fases da actividade investigadora
- Procesos de selección e contratación de persoal
- Promoción e desenvolemento da carreira profesional
- Condicións laborais e conciliación corresponsable
- Formación en materia de igualdade
- Cultura organizativa de igualdade
A Comisión inclúe a persoal do centro que representa todas as categorías profesionais:
- Paula López Martínez, investigadora vinculada e coordinadora da Comisión.
- Diego Cabello Ferrer, investigador vinculado.
- Natalia Seoane Iglesias, investigadora vinculada.
- Álvaro Ordóñez Iglesias, investigador posdoutoral.
- Albina Sarymsakova, investigadora posdoutoral.
- María Tenorio Miranda, xestora na Unidade de xestión do coñecemento e a transferencia.
Plan de igualdade do CiTIUSPlan de igualdade da USC