Os eidos científicos definen a actividade investigadora que se realiza no CiTIUS
A nosa actividade organízase na actualidade en 10 eidos científicos. A continuidade destas liñas depende non só do seu grao de actividade, senón tamén da importancia científica da súa área no ámbito das Tecnoloxías Intelixentes.
Estas liñas de investigación son un compromiso do centro e dos seus investigadores e irán evolucionando ao longo do tempo para que o CiTIUS continúe a súa investigación nas áreas de maior interese científico.