Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS)
Rúa de Jenaro de la Fuente Domínguez s/n, Campus Vida
15782 Santiago de Compostela.
Coordenadas: 42.87348, -8.55779
How to arrive
By plane
O aeroporto máis próximo é o aeroporto de Lavacolla, en Santiago de Compostela, e está situado aproximadamente a 16 km do CiTIUS. Para chegar ao centro de Santiago de Compostela,podes coller o Aerobus da Compañía Freire ata a Rúa do Doutor Teixeiro, que está a 1,3 km do CiTIUS. Desde alí pódese chegar a pé (uns 20 minutos) ou en taxi.
By train
A estación de tren de Santiago de Compostela está a 1,2 km do CiTIUS na Rúa do Hórreo. Desde alí pódese chegar a pé (uns 20 minutos) ou en taxi.
By urban transport
Nas inmediacións do CiTIUS, na avenida Mestre Mateo e na rúa de Lope Gómez de Marzoa, hai paradas de autobuses nas que paran os autobuses urbanos da liña 15 da compañía Tussa. Nas paradas situadas na avenida Mestre Mateo tamén hai autobuses para Bertamiráns e outros concellos. Na Avenida Rosalía de Castro paran autobuses para A Coruña, Pontevedra, Vigo, Ferrol e máis lugares. Máis información en Transporte Metropolitano de Galicia.
By road
Desde a AP-9, coller a saída 75 dirección Santiago Sur.