Identidade

Historia

A identidade do CiTIUS ten evolucionado ao longo dos anos, como resultado dun proceso ligado ao seu crecemento científico e institucional. Coincidindo co décimo aniversario da súa fundación, o centro acometeu no ano 2022 unha renovación completa da súa identidade visual, actualizando a súa presenza dixital e a súa proxección pública coa renovación do seu logotipo oficial e a súa páxina web. Deste xeito, o CiTIUS apostaba por unha imaxe máis acaída ao novo ecosistema tecnolóxico, buscando reforzar o seu posicionamento como referente en IA en Galicia e amplificar o seu alcance nacional e internacional.

Dende entón, a marca CiTIUS expresa unha mensaxe coherente cunha nova etapa de consolidación e madurez. O cambio máis visible sitúase no plano cromático: o negro eríxese como cor principal, configurando unha identidade máis sólida, precisa e contemporánea, aliñada cos valores de liderado, innovación e rigor científico que definen o centro.

Todo o sistema visual constrúese arredor dun concepto esencial: o bit como unidade mínima de información. Nun contexto marcado pola velocidade de transmisión de datos (o nome CiTIUS conecta co concepto 'máis rápido'), vinculando tecnoloxía e capacidade de resposta. A representación gráfica dese bit (o cadrado) convértese na pedra angular da nova identidade do centro.

O logotipo, elemento central do sistema, redúcese á súa expresión máis esencial. As letras constrúense a partir de módulos cadrados, configurando unha marca modular, coherente e inequívoca, pensada para manter a súa integridade en calquera aplicación.

Este cadrado simboliza un bitPatrón de construción do logotipo do CiTIUS

Unha identidade que consolida a madurez do centro e proxecta o seu liderado tecnolóxico a través dunha linguaxe gráfica coherente e contemporánea.

Fachada do edificio do CiTIUS co logotipo

Logotipos

De forma xeral, todo documento, software, web e calquera outro material publicado polo CiTIUS debe ter os logos dos Fondos Europeos, a Unión Europea, a Rede CIGUS, o CiTIUS e a USC. Os tres primeiros deben aparecer ao pé da páxina.

NormalVariante horizontal
Logotipo principal
Logotipo negativo
Logotipo simple positivo
Logotipo simple negativo

Os logotipos oficiais do CiTIUS están suxeitos a unha normativa de obrigado cumprimento. Antes de descargalos, consulta:

Outras entidades

Tipografías

A tipografía oficial do CiTIUS é Manrope (que podes descargar como zip ou como arquivo de Google Fonts). Como tipografía substitutiva pódese empregar Segoe UI (preinstalada en sistemas Microsoft) naqueles casos que non se teña acceso á tipografía principal, así como para comunicacións internas.

Cores corporativas

A paleta cromática consta de 5 cores corporativas. Podes consultar as indicacións de uso correcto da cor aquí.

Cores principais

Negro

RGB: 0,0,0

CMYK: 0,0,0,100

HEX: #1f1f1f

Branco

RGB: 255,255,255

CMYK: 0,0,0,0

HEX: #ffffff

Cores secundarias

Gris escuro

RGB: 151,146,155

CMYK: 0,0,0,40

HEX: #95929b

Gris claro

RGB: 243,242,242

CMYK: 0,0,0,5

HEX: #f3f2f2

Laranxa

RGB: 231,95,77

CMYK: 0,59,67,9

HEX: #e75f4d

Máis información

Descarga aquí o manual de identidade do CiTIUS