
Convocatoria Pública Ordinaria CiTIUS 02/2025
Convocatoria Pública Ordinaria CiTIUS 02/2025 de contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación
Resolución da dirección do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da Universidade de Santiago de Compostela, do 6 de febreiro de 2025, pola que se convoca concurso público de méritos nº CiTIUS 02/2025, para a selección de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo da presente convocatoria.
O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc., sen prexuízo do establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao Servizo das administracións públicas.
A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza.
- Data de publicación: 06/02/2025
- Prazo de presentación de solicitudes: 07/02/2025-13/02/2025
Publicada corrección de erros (Praza 2021-PN162) - 11/02/2025
Lista provisional de solicitudes admitidas e excluídas:
- Data de publicación: 18/02/2025.
- Prazo de presentación de enmendas: 19/02/2025-20/02/2025. Ligazón
Lista definitiva de solicitudes admitidas e excluídas:
- Data de publicación: 21/02/2025
Resolución de selección e propostas das comisións das prazas:
- Parte I. Data de publicación: 28/02/2025
Ligazóns
- Convocatoria Pública Ordinaria CiTIUS 02/2025 - 6 de febreiro de 2025
- Corrección de erros (Praza 2021-PN162) - 11 de febreiro de 2025
- Lista provisional de solicitudes admitidas e excluídas - 18 de febreiro de 2025
- Lista definitiva de solicitudes admitidas e excluídas - 21 de febreiro de 2025
- Proposta de selección das comisións de selección - Convocatoria CiTIUS 02/2025 - Parte I - 28 de febreiro de 2025
- Proposta de selección das comisións de selección - Convocatoria CiTIUS 02/2025 - Parte II - 10 de marzo de 2025
- Resolución de selección - Convocatoria pública CiTIUS 02/2025 - Parte I - 28 de febreiro de 2025
- Resolución de selección - Convocatoria pública CiTIUS 02/2025 - Parte II - 10 de marzo de 2025