Álvaro Ordóñez Iglesias

Son Profesor Axudante Doutor na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e membro do centro de investigación CiTIUS. Anteriormente, fun investigador posdoutoral na Universidade da Coruña (UDC) grazas á convocatoria Juan de la Cierva.

Liñas de Investigación

A miña investigación céntrase no procesamento de imaxes de teledetección multi e hiperespectrais mediante computación de altas prestacións (HPC). Particularmente en:

  • Desenvolvemento de algoritmos de rexistro automático e segmentación de imaxes de alta precisión que exploten a información espectral.
  • Creación de solucións de cómputo paralelo e distribuído para o procesamento de imaxes en tempo real.
  • Explotación de hardware de uso xeral (commodity hardware), incluíndo GPUs, CPUs multinúcleo e sistemas distribuídos tipo clúster.

Formación Académica

Obtiven o meu Doutoramento en Tecnoloxías da Información no 2021 na USC. A miña formación tamén inclúe un Mestrado en Tecnoloxías de Análise de Datos Masivos Big Data (2016) e o Grao en Enxeñaría Informática (2015).