Nicolás Vila Blanco

Doutor en Investigación en Tecnoloxías da Información polas universidades de Santiago de Compostela e Coruña no 2022, mestrado en Ciencia de Datos e Ingeniería de Computadores pola Universidad de Granada no 2016 e graduado en Enxeñaría Informática pola Universidade de Vigo no 2015.

Actualmente son profesor axudante doutor na Universidade de Santiago de Compostela, onde o meu labor investigador se centra na área do procesamento de imaxe médica mediante técnicas de Deep Learning.