Nicolás Vilela Pérez

Gradueime en Enxeñaría Informática pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 2023 e, posteriormente, en 2024, obtiven o Máster Universitario en Tecnoloxías de Análise de Datos Masivos (Big Data) na mesma universidade. Desde 2024 estou cursando o Programa de Doutoramento en Investigación en Tecnoloxías da Información.

A miña investigación no CiTIUS está centrada no procesamento de imaxes de teledetección multi e hiperespectrais, concretamente no desenvolvemento de técnicas de clasificación baseadas en aprendizaxe profunda. Unha aplicación práctica é a identificación dos distintos tipos de especies vexetais e elementos observables neste tipo de imaxes.