8 voces para inspirar: mulleres que constrúen o futuro STEM | Girls in ICT 2025

Co motivo do Día Internacional das Nenas nas TIC Girls In ICT 2025, o CiTIUS presenta un novo podcast no que oito mulleres comparten experiencias e reflexións arredor dos seus estudos, a súa carreira investigadora e o seu vínculo coa tecnoloxía.

A conversa está moderada por Marta Núñez García, investigadora Ramón e Cajal do CiTIUS, cunha sólida traxectoria internacional no campo da imaxe médica e o aprendizaxe automático (https://citius.gal/gl/team/marta-nunez-garcia/)..)

Na mesa de diálogo:

• Clara Álvarez e Noa Diz – Estudantes do Grao en Intelixencia Artificial (USC)

• Constanza Andión e Carolina Pavez – Investigadoras predoutorais no CiTIUS

No público:

• Eirena Souto, Xiana Oliveira e Elena Couto – Tamén estudantes do Grao en Intelixencia Artificial na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela (ETSE-USC).

Unha charla próxima, en directo e sen filtros que busca motivar ás rapazas máis novas a seguir a súa vocación STEM e demostrar que tamén hai referentes que falan o seu idioma, comparten as súas dúbidas e recorreron ese mesmo camiño.

Unha iniciativa do CiTIUS (Universidade de Santiago de Compostela), no marco do Día Internacional das Nenas nas TIC, promovido pola ITU telecommunication.

Arquivo

Ver todos os vídeos no noso arquivo de vídeos

Noticias relacionadas