#WomenInTech | Carolina Pavez: 'Equidade e explicabilidade na IA clínica'

O CiTIUS lanza #WomenInTech, unha iniciativa que pon o foco no traballo das nosas investigadoras con motivo do 11F (Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia).

Nesta entrevista, Carolina Pavez, estudante de doutoramento no CiTIUS, aborda un dos grandes retos actuais da Intelixencia Artificial aplicada á saúde: a equidade algorítmica.

A súa investigación céntrase na avaliación e mitigación do sesgo en modelos de predición clínica, así como no desenvolvemento de técnicas de explicabilidade adaptadas á práctica médica. O seu obxectivo é promover sistemas de IA máis transparentes, xustos e fiables para distintos grupos de pacientes.

IA responsable para unha medicina máis equitativa.

Arquivo

Ver todos os vídeos no noso arquivo de vídeos