Aprendizaxe de materias de programación e intelixencia artificial con perspectiva de xénero

Os sistemas informáticos baseados na intelixencia artificial e na aprendizaxe automática constrúense a partir de datos reais, o cal pode reproducir e mesmo amplificar os nesgos de xénero existentes na sociedade. Evitar isto esixe un esforzo para eliminar estos nesgos nos sistemas intelixentes, que teñen unha influenza crecente na vida cotián. Este artigo presenta experiencias docentes en dúas asignaturas de programación informática en sendos graos, e outra de aprendizaxe automática nun máster. Nelas empregamos estratexias orientadas a formar ao estudantado no deseño de sistemas sen nesgos de xénero, e a fomentar a participación das mulleres, moi reducida na actualidade, nas profesións tecnolóxicas. Estas estratexias inclúen o uso de linguaxe non sexista e a visualización de científicas na informática, fomentando así o sentimento de inclusión do alumnado feminino neste sector profesional. Tamén se realiza unha experiencia de aprendizaxe cooperativa con perspectiva de xénero e debates sobre nesgos na intelixencia artificial. O alumnado acolleu positivamente estas actividades que pensamos serven para alertarlle sobre a necesidade de incluir a perspectiva de xénero no seu futuro desenvolvemento profesional.

keywords: Perspectiva de xénero, Programación, Intelixencia artificial, Aprendizaxe automática, Nesgos de xénero