Xornada anual de presentación dos nosos resultados de investigación a empresas, institucións e asociacións. Na xornada, o persoal investigador do CiTIUS mostra tecnoloxía propia desde un punto de vista práctico con demostradores funcionando en tempo real.
A xornada desenvólvese ao longo dunha mañá e os visitantes poden percorrer os diferentes demostradores dacordo cos seus intereses. Requírese inscrición previa.
A xornada diríxese principalmente a empresas e organizacións interesadas en coñecernos e establecer colaboracións a través de proxectos de I+D, licenzas de tecnoloxía ou calquera outro tipo de colaboración.
O evento organízase unha vez ao ano no mes de xullo