Neste actividade presentaranse os principais aspectos relacionados coa protección de datos de investigación e os protocolos existentes dentro da universidade para conseguir as autorizacións necesarias para levar a cabo un proxecto de investigación que implica a recollida de datos:
Sobre o Relator
José Julio Fernández Rodríguez é Doutor en Dereito, licenciado en Dereito, en Ciencias Políticas e Sociais, en Xornalismo, e en Comunicación Audiovisual. Diplomado en Estudos de Seguridade e Defensa. Profesor titular de Dereito Constitucional na Universidade de Santiago de Compostela (catedrático acreditado), onde é o director do Centro de Estudos de Seguridade (CESEG). Autor de numerosas publicacións científicas, entre as que se achan estudos sobre a relación entre tecnoloxía e dereitos fundamentais, internet, ciberseguridade ou protección de datos.