Ciencia e enxeñaría de datos e procesos

A ciencia e enxeñaría de datos e procesos ten como obxectivo xeral o desenvolvemento de técnicas para o modelado, representación, almacenamento e procesamento eficiente dos datos para extraer coñecemento e facilitar a toma de decisións. Para alcanzar este obxectivo requírese dunha aproximación multidisciplinar na que se combinan, entre outras, estratexias de intelixencia artificial, representación de información e computación de altas prestacións.

Nesta área a natureza dos datos impón unha serie de restricións aos problemas a resolver, particularmente, cando se aborda a xestión e a análise dos procesos de negocio, un campo moi activo na actualidade tanto desde o punto de vista do desenvolvemento de melloras no almacenamento da información como da extracción de analíticas para entender o comportamento e evolución dos procesos co fin de optimizar e mellorar os indicadores de negocio.

Neste marco, a investigación non só oriéntase a procesar e extraer coñecemento para describir o que ocorre nun problema ou proceso, senón tamén a predicir indicadores de interese, diagnosticar as causas que explican a evolución deses indicadores ou propor a toma de accións para optimizar a execución dos procesos. Esta investigación enmárcase en múltiples dominios de aplicación, como a saúde, a industria, as finanzas ou a educación.


Queres saber máis?

Para colaboracións, visitas, etc. contáctanos.