Realidade virtual e aumentada

As tecnoloxías de Realidade Virtual (RV) combinan a detección de movemento en tempo real e sistemas de gráficos por computador interactivos para proporcionar experiencias dixitais inmersivas.

Os sistemas de RV introducen aos participantes nunha contorna tridimensional que se transmite a unha pantalla dixital mediante un computador. Aínda que existe unha ampla gama de dispositivos para lograr a inmersión na realidade virtual, todas implican algún tipo de pantalla montada na cabeza que utiliza sensores de movemento en tempo real para seguir a posición e a orientación do participante. Os gráficos do computador responden á posición da cabeza do usuario, proporcionando imaxes coa mesma perspectiva para cada ollo. En moitos casos, os sistemas de RV tamén inclúen hardware interactivo, por exemplo, varitas manuais con seguimento de movemento ou luvas de datos, que permiten ao participante efectuar cambios dentro do mundo virtual. En comparación con outras formas de medios de comunicación, os sistemas de RV distínguense pola súa capacidade de crear para os participantes unha sensación ilusoria de estar nun lugar diferente e unha sensación ilusoria de habitar nun tipo de realidade diferente.

A RV aplícase nunha ampla gama de ámbitos, como a visualización científica, o entretemento, a saúde, a formación, entre outros.

Queres saber máis?

Para colaboracións, visitas, etc. contáctanos.