Domain Adaptation Dataset

Conxunto de datos multiespectrais para a adaptación de dominios

Este conxunto de datos abrangue a conca hidrográfica do río Oitavén ao seu paso pola aldea de A Ponte, Galicia (España) [2]. Foi fotografado o 18 de xullo de 2018 nun día despexado, arredor do mediodía e a primeira hora da tarde, para minimizar as sombras. A imaxe ten un tamaño de 6689 × 6722 (vertical × horizontal) píxeles e a súa composición en cor pódese ver na figura de abaixo. Nela obsérvanse algunhas zonas mal rexistradas na parte inferior dereita da escena, probablemente causadas polas variacións imprevisibles da luz durante o voo. Á parte deses artefactos, a imaxe está en moi bo estado. Nela pódense distinguir varias especies arbóreas (o carballo e o eucalipto son especialmente abundantes) e unha serie de estruturas artificiais. Consideráronse sete clases diferentes: auga, tellas, asfalto, solo base, rocha, formigón e vexetación.