Hyperspectral Change Detection Dataset

Dúas escenas hiperespectrais diferentes do sensor AVIRIS

Este conxunto de datos pódese utilizar para aplicar técnicas de detección de cambios en imaxes hiperespectrais multitemporais.

Inclúe dúas escenas hiperespectrais diferentes do sensor AVIRIS:

  • A escena Santa Barbara, capturada nos anos 2013 e 2014 co sensor AVIRIS sobre a rexión de Santa Barbara (California), cuxas dimensións espaciais son de 984 x 740 píxeles e que inclúe 224 bandas espectrais.
  • A escena Bay Area, capturada nos anos 2013 e 2015 co sensor AVIRIS nos arredores da cidade de Patterson (California), cuxas dimensións espaciais son de 600 x 500 píxeles e que inclúe 224 bandas espectrais.

As imaxes de Santa Barbara capturáronse cunha resolución de 15.2 metros por píxel, mentres que as imaxes de Bay Area se capturaron a 16.9 metros por píxel.

Cita recomendada

@article{lopez2019gpu,
  title={GPU framework for change detection in multitemporal hyperspectral images},
  author={L{\'o}pez-Fandi{\~n}o, Javier and B. Heras, Dora and Arg{\"u}ello, Francisco and Dalla Mura, Mauro},
  journal={International Journal of Parallel Programming},
  volume={47},
  number={2},
  pages={272--292},
  year={2019},
  publisher={Springer}
}