ATRIO-USC: Análise de textos e recuperación de información para minaría de opinións: recuperación de información e aprendizaxe automática
Cada vez é maior o número de consumidores que consultan a web para obter información de produtos antes de proceder á súa adquisición. Á hora de determinar a súa decisión de compra os clientes outorgan máis relevancia ao contido xerado polos usuarios cás páxinas dos fabricantes; por exemplo, os blogs onde persoas moi distintas expresan as súas opinións, críticas e experiencias sobre un produto e establecen comparacións con outros similares. Neste contexto, as ferramentas de minaría de opinións álzanse como un instrumento valioso, pois permiten aos consumidores agregar e resumir opinións, e aos fabricantes e distribuídores coñecer as valoracións dos seus usuarios. Con todo, as ferramentas de minaría de opinións existentes actualmente presentan dous grandes inconvenientes:
- aplican un coñecemento moi superficial dos textos, o que conduce a análises equivocadas e/ou confusas;
- a súa capacidade para xestionar textos en castelán é moi limitada ou nula.
Este proxecto propón combinar a experiencia dos equipos participantes en recuperación de información, procesamento da linguaxe natural e aprendizaxe automática para desenvolver novas técnicas que permitan recuperar e caracterizar opinións; extraer relacións e comparacións; combinar toda a información obtida; e determinar o sentido das opinións verquidas co español como lingua primaria de desenvolvemento. Deste xeito promociónase á comunidade hispanofalante ao primeiro nivel no ámbito de minaría de opinións e contribúese a diminuír a fenda dixital existente entre o inglés e as demais linguas.
Obxectivos
- Definir as tecnoloxías precisas para executar técnicas de minaría de opinións sobre opinións expresadas en español.
- Crear e compilar os recursos de apoio axeitados para tarefas de minaría de opinións sobre textos en español.
- Deseñar e implementar métodos efectivos para localizar, obter e representar información baseada en opinión en lingua española.
- Deseñar, implementar e avaliar técnicas eficaces de recuperación da información para obter fragmentos de opinións sobre unha temática determinada.
- Deseñar, implementar e avaliar métodos para estimar a subxectividade de textos e a súa orientación e presentar resumos de opinións aos usuarios.
- Desenvolver unha aplicación web que incorpore os métodos, recursos e técnicas descritos anteriormente e que ofreza opinións sobre consultas ou temáticas especificadas polo usuario.
Proxecto
/research/projects/analise-de-textos-e-recuperacion-de-informacion-para-minaria-de-opinions-recuperacion-de-informacion-e-aprendizaxe-automatica

Cada vez é maior o número de consumidores que consultan a web para obter información de produtos antes de proceder á súa adquisición. Á hora de determinar a súa decisión de compra os clientes outorgan máis relevancia ao contido xerado polos usuarios cás páxinas dos fabricantes; por exemplo, os blogs onde persoas moi distintas expresan as súas opinións, críticas e experiencias sobre un produto e establecen comparacións con outros similares. Neste contexto, as ferramentas de minaría de opinións álzanse como un instrumento valioso, pois permiten aos consumidores agregar e resumir opinións, e aos fabricantes e distribuídores coñecer as valoracións dos seus usuarios. Con todo, as ferramentas de minaría de opinións existentes actualmente presentan dous grandes inconvenientes:

aplican un coñecemento moi superficial dos textos, o que conduce a análises equivocadas e/ou confusas;

a súa capacidade para xestionar textos en castelán é moi limitada ou nula.

Este proxecto propón combinar a experiencia dos equipos participantes en recuperación de información, procesamento da linguaxe natural e aprendizaxe automática para desenvolver novas técnicas que permitan recuperar e caracterizar opinións; extraer relacións e comparacións; combinar toda a información obtida; e determinar o sentido das opinións verquidas co español como lingua primaria de desenvolvemento. Deste xeito promociónase á comunidade hispanofalante ao primeiro nivel no ámbito de minaría de opinións e contribúese a diminuír a fenda dixital existente entre o inglés e as demais linguas.

Definir as tecnoloxías precisas para executar técnicas de minaría de opinións sobre opinións expresadas en español.

Crear e compilar os recursos de apoio axeitados para tarefas de minaría de opinións sobre textos en español.

Deseñar e implementar métodos efectivos para localizar, obter e representar información baseada en opinión en lingua española.

Deseñar, implementar e avaliar técnicas eficaces de recuperación da información para obter fragmentos de opinións sobre unha temática determinada.

Deseñar, implementar e avaliar métodos para estimar a subxectividade de textos e a súa orientación e presentar resumos de opinións aos usuarios.

Desenvolver unha aplicación web que incorpore os métodos, recursos e técnicas descritos anteriormente e que ofreza opinións sobre consultas ou temáticas especificadas polo usuario.

- David Enrique Losada Carril
projects_gl