AVECEN: Asistente Virtual para o Envellecemento aCtivo de persoas con Enfermidades mentais Neurodexenerativas

O proxecto AVECEN propón o desenvolvemento dunha plataforma distribuída que permita tanto a autoxestión das enfermidades mentais neurodexenerativas por parte dos pacientes como a toma de decisións por parte dos profesionais médicos e coidadores sobre as posibles accións para mellorar o estado de saúde e a calidade de vida dos pacientes.

Obxectivos

Este obxectivo xeral alcanzarase a través da consecución dos seguintes obxectivos específicos:

  • Deseñar un asistente virtual para a vixilancia e autoxestión do estado de saúde mental dos pacientes.
  • Mellorar a adherencia dos pacientes ás rutinas clínicas, ao tratamento prescrito e, en xeral, ás boas prácticas de xestión de enfermidades mentais dexenerativas, o que, á súa vez, comportará unha mellora na calidade de vida do paciente dende o punto de vista da súa mobilidade, independencia, capacidade de resposta e relacións sociais.
  • Facilitar a valoración do estado e do comportamento dos pacientes por parte dos profesionais médicos co fin de mellorar en todo momento a adaptación das rutinas clínicas e do tratamento ao devandito estado