QC4SUSTEX: Autentificación e seguridade de téxtiles sostibles e desenvolvemento de dispositivos para o control medioambiental efectivo na súa fabricación

O sector da moda é consciente dos grandes impactos medioambientais que xera e, por iso, cada vez máis, as marcas buscan métodos de fabricación e materiais máis sostibles. Para iso resulta esencial desenvolver, entre outras, novas tecnoloxías baseadas en intelixencia artificial que permitan obter información útil dos procesos de produción téxtil e así mellorar a súa sustentabilidade.

Neste proxecto traballarase, entre outros aspectos, no desenvolvemento de solucións globais eficaces e comercializables para mellorar o control de calidade no subsector da moda sostible.

Obxectivos

Os principais obxectivos do proxecto son os seguintes:

  • O desenvolvemento de ferramentas para a autenticación en laboratorio de fibras e tecidos adheridos a declaracións ou certificacións de sustentabilidade no sector téxtil e do calzado.
  • O tratamento de imaxes e outros sinais para detectar a presenza de fibras rexeneradas ou recicladas en tecidos así como para cuantificar a xeración de microfibras.
  • A avaliación e mellora da seguridade dos materiais empregados na produción de moda sostible.
  • O desenvolvemento dun servizo integral chave en man que permita o control sobre o impacto ambiental nas augas de proveedores do sector téxtil.