CELTIC: Coñecemento Estratéxico Liderado por Tecnoloxías para a Intelixencia Competitiva

O obxectivo principal do Proxecto CELTIC é o desenvolvemento de tecnoloxías que faciliten ao tecido empresarial a toma de decisións estratéxicas en tempo casi-real, a partir de coñecemento tanto do entorno científico-tecnolóxico como dos impactos económicos presentes e futuros.

O proxecto cobre o proceso completo do desenvolvemento da Vixilancia Tecnolóxica e a Intelixencia Competitiva nas súas respectivas fases: agregación de información; análise da información e extracción de coñecemento; e a distribución, visualización e interacción coa mesma. Todo iso encamiñado a facilitar a toma de decisións estratéxicas e soportado por ferramentas de Big Data.

Obxectivos

O obxectivo do proxecto CELTIC é o desenvolvemento das ferramentas TIC necesarias para a realización do proceso de Intelixencia Competitiva das organizacións de forma transparente aos usuarios. Máis concretamente:

  • Desenvolver ferramentas de extracción e agregación de información proveniente de múltiples fontes
  • Desenvolver ferramentas de análise da información
  • Desenvolver ferramentas de visualización da información
Ligazón á páxina web do proxecto