NANOVR: Deseño a nanoescala mediante realidade virtual

A realidade virtual radicaliza o control e o deseño de sistemas moleculares a escala nanométrica

Agora que os científicos realizaron progresos no deseño de estruturas de sistemas moleculares a escala nanométrica, surxiu un novo reto fundamental: a nosa capacidade para comprender e deseñar a dinámica molecular e a flexibilidade. Baseándose nos últimos desenvolvementos en informática de alto rendemento (HPC) e realidade virtual (VR, polas suas siglas en inglés), o proxecto financiado con fondos europeos NANOVR desenvolverá un novo paradigma para o deseño, a enxeñería e a simulación a escala nanométrica. O equipo do proxecto desenvolverá un marco intuitivo de código aberto que permitirá aos científicos utilizar simulacións interactivas habilitadas para realidade virtual co obxectivo de comprender os sistemas moleculares complexos. Ditas simulacións utilizaranse para analizar problemas importantes, como as interaccións entre proteínas e ligandos que son necesarias para facer frente ás cepas emerxentes do virus da gripe. De esta maneira, obtendránse coñecementos novos sobre a flexibilidade molecular e axilizarase o deseño molecular nunha amplia variedade de campos como a bioquímica, a química de materiais e a catálise.

Este proxecto recibiu financiamento do EuropeanResearchCouncil (ERC) no marco do programa de investigación e innovación Horizonte 2020 da Unión Europea (Acordo de Subvención nº 866559).

Ligazón á páxina web do proxecto