DERFO-3DTV: Extensión de redes de fibra óptica RFoG e PON para aplicacións 3DTV e HDTV

DERFO 3DTV ten por principal obxectivo a extensión de aplicacións 3DTV, HDTV e de servizos interactivos sobre redes de fibra óptica baixo o estándar DVB-C2. Dita rede, de moi alta capacidade e gran eficiencia enerxética, ampliará as posibilidades de distribución e permitirá facer outro tipo de distribucións, combinando técnicas de multiplexación de lonxitude de onda WDM para a distribución de sinais de satélite.

O despregamento de fibra óptica está baseado na tecnoloxía RFoG, que habilita servizos de difusión e interactivos nunha rede pasiva óptica cun custo menor que os despregamentos xPON das denominadas “telcos”.

O CiTIUS contribúe neste proxecto co desenvolvemento dun reprodutor de vídeo 3DTV que permitirá a execución remota dun sistema de vídeo estereoscópico. Esta solución permite o control e execución de diversos formatos de compresión e empaquetado de datos, de tal maneira que facilitará a análise dunha combinatoria de escenarios, asociados a distintos bit rates e fluxo de varias solicitudes concorrentes.

Obxectivos

  • Despregamento de servizos de televisión 3D empleando o novidoso estándar de transmisión DVB-C2 sobre redes de fibra óptica e cable coaxial.
  • Realizar a infraestructura axeitada para distribuír contidos multimedia e interactivos que, como a televisión de alta definición (HDTV) ou a futura televisión tridimensional (3DTV), requiren elevados anchos de banda.