Integración dun procedemento para o cálculo e seguemento temporal automático de variables prognóstico en retinografías nos sistemas informáticos sanitarios
A retinopatía diabética (RD) é unha complicación da diabete mellitus (DM) que provoca a perda de visión e que pode chegar a causar cegueira. A RD maniféstase na retina por catro tipos de lesións, apreciables en imaxes de fondo de ollo ou retinografías: microaneurismas, microhemorraxias, exsudados duros, e exsudados algodooso. Sobre a base da presenza progresiva destas lesións, é posible establecer a seguinte gradación na enfermidade: RD non proliferativa leve, moderada e grave e RD proliferativa.
Nas primeiras fases da RD o paciente non experimenta ningún cambio apreciable na súa visión polo que, en moitos casos, a presenza da retinopatía pasa desapercibida. Precisamente nestas primeiras fases é cando o tratamento para frear a evolución da enfermidade sería máis eficaz. Por este motivo, unha das principais liñas de actuación na prevención recomendadas pola OMS son os programas de monitorización (screening) dos pacientes. A detección e seguimento das lesións provocadas pola RD permitiría evitar perdas de visión no paciente así como aforrar custos á sanidade pública.
Por este motivo, este proxecto consiste no desenvolvemento dunha metodoloxía automática de detección e monitorización de microaneurismas en fases temperás da RD. O obxectivo final é a integración destas metodoloxías nos sistemas de información sanitarios tanto a nivel hospitalario coma a nivel dos centros de atención primaria.
Obxectivos
- Creación dun algoritmo para a detección de puntos vermellos en retinografías: partirase de algoritmos para a detección de puntos vermellos propostas en traballos anteriores do equipo de investigación e realizarase un axuste para adaptarse ás características das imaxes obtidas nos centros de saúde. A existencia dun algoritmo automático permitirá procesar instantaneamente as imaxes de fondo de ollo, procesado que de forma manual levaría varios minutos a un especialista.
- Desenvolvemento dun procedemento para o seguimento da evolución dos puntos vermellos (aneurismas) nos pacientes: desenvolver un algoritmo baseado nas técnicas de rexistro para aliñar as imaxes de fondo de ollo e trazar a evolución dos microaneurismas nun paciente no tempo. Definiranse métricas para establecer correspondencias de puntos entre dúas imaxes do mesmo paciente.
- Validación clínica dos algoritmos propostos: deseñaranse varios procedementos para validar clinicamente os algoritmos de detección de puntos vermellos en distintos conxuntos de retinografías. Os resultados serán analizados dende un punto de vista estatístico.
- Integración do procedemento nos sistemas de información sanitarios: unha vez validada a metodoloxía de extracción e seguimento, terá lugar a integración dos procedementos desenvolvidos anteriormente nos sistemas de información sanitarios. Desta forma, será posible levar a cabo estudos sobre a incidencia e a evolución da RD na poboación galega.
Proxecto
/research/projects/integracion-dun-procedemento-para-o-calculo-e-seguemento-temporal-automatico-de-variables-prognostico-en-retinografias-nos-sistemas-informaticos-sanitarios

A retinopatía diabética (RD) é unha complicación da diabete mellitus (DM) que provoca a perda de visión e que pode chegar a causar cegueira. A RD maniféstase na retina por catro tipos de lesións, apreciables en imaxes de fondo de ollo ou retinografías: microaneurismas, microhemorraxias, exsudados duros, e exsudados algodooso. Sobre a base da presenza progresiva destas lesións, é posible establecer a seguinte gradación na enfermidade: RD non proliferativa leve, moderada e grave e RD proliferativa.
Nas primeiras fases da RD o paciente non experimenta ningún cambio apreciable na súa visión polo que, en moitos casos, a presenza da retinopatía pasa desapercibida. Precisamente nestas primeiras fases é cando o tratamento para frear a evolución da enfermidade sería máis eficaz. Por este motivo, unha das principais liñas de actuación na prevención recomendadas pola OMS son os programas de monitorización (screening) dos pacientes. A detección e seguimento das lesións provocadas pola RD permitiría evitar perdas de visión no paciente así como aforrar custos á sanidade pública.
Por este motivo, este proxecto consiste no desenvolvemento dunha metodoloxía automática de detección e monitorización de microaneurismas en fases temperás da RD. O obxectivo final é a integración destas metodoloxías nos sistemas de información sanitarios tanto a nivel hospitalario coma a nivel dos centros de atención primaria.

Creación dun algoritmo para a detección de puntos vermellos en retinografías: partirase de algoritmos para a detección de puntos vermellos propostas en traballos anteriores do equipo de investigación e realizarase un axuste para adaptarse ás características das imaxes obtidas nos centros de saúde. A existencia dun algoritmo automático permitirá procesar instantaneamente as imaxes de fondo de ollo, procesado que de forma manual levaría varios minutos a un especialista.

Desenvolvemento dun procedemento para o seguimento da evolución dos puntos vermellos (aneurismas) nos pacientes: desenvolver un algoritmo baseado nas técnicas de rexistro para aliñar as imaxes de fondo de ollo e trazar a evolución dos microaneurismas nun paciente no tempo. Definiranse métricas para establecer correspondencias de puntos entre dúas imaxes do mesmo paciente.

Validación clínica dos algoritmos propostos: deseñaranse varios procedementos para validar clinicamente os algoritmos de detección de puntos vermellos en distintos conxuntos de retinografías. Os resultados serán analizados dende un punto de vista estatístico.

Integración do procedemento nos sistemas de información sanitarios: unha vez validada a metodoloxía de extracción e seguimento, terá lugar a integración dos procedementos desenvolvidos anteriormente nos sistemas de información sanitarios. Desta forma, será posible levar a cabo estudos sobre a incidencia e a evolución da RD na poboación galega.

- María José Carreira Nouche
projects_gl