
NOTICIAS: Mellora na recuperación de noticias e no acceso a información financieira: recuperación de textos sobre bases documentais de axencias de noticias
Este proxecto de investigación está enfocado a proporcionar servizos avanzados de acceso a información sobre documentos textuais que figuran en bases documentais de axencias de noticias. Un mesmo evento ou noticia adoita ser cuberta por moi distintas fontes. A presenza de múltiples documentos informando sobre a mesma temática provoca que os mecanismos e sistemas habituais de procura proporcionen moita información redundante. Isto é debido a que os modelos "estado da arte" de recuperación de información tenden a primar a relevancia dos textos para a consulta do usuario, deixando de lado aspectos importantes como a diversidade.
Ademais da redundancia existente entre noticias de distintas ou da mesma fonte existe o problema da localización da información relevante dentro dun documento. Os usuarios teñen que revisar de modo exhaustivo os contidos dos textos para satisfacer a súa necesidade de información. Isto pode ser aceptable cando o obxectivo da procura sexa a lectura da totalidade da noticia. Non obstante, en moitos casos a información requirida polo usuario é un pequeno extracto e o proceso que tivo que levar a cabo para localizalo innecesariamente tedioso.
Obxectivos
- Profundar na investigación de modelos e técnicas de recuperación de información aplicados a noticias textuais, dando lugar a un sistema avanzado de acceso á información que traballe sobre bases documentais de noticias.
- Deseñar sistemas de procura avanzados, capaces de recuperar pasaxes dentro das noticias, detectar a novidade con respecto a outros textos, construír resumos e identificar temas secundarios.
Proxecto
/research/projects/mellora-na-recuperacion-de-noticias-e-no-acceso-a-informacion-financieira-recuperacion-de-textos-sobre-bases-documentais-de-axencias-de-noticias
<p>Este proxecto de investigación está enfocado a proporcionar servizos avanzados de acceso a información sobre documentos textuais que figuran en bases documentais de axencias de noticias. Un mesmo evento ou noticia adoita ser cuberta por moi distintas fontes. A presenza de múltiples documentos informando sobre a mesma temática provoca que os mecanismos e sistemas habituais de procura proporcionen moita información redundante. Isto é debido a que os modelos "estado da arte" de recuperación de información tenden a primar a relevancia dos textos para a consulta do usuario, deixando de lado aspectos importantes como a diversidade. </p><p>Ademais da redundancia existente entre noticias de distintas ou da mesma fonte existe o problema da localización da información relevante dentro dun documento. Os usuarios teñen que revisar de modo exhaustivo os contidos dos textos para satisfacer a súa necesidade de información. Isto pode ser aceptable cando o obxectivo da procura sexa a lectura da totalidade da noticia. Non obstante, en moitos casos a información requirida polo usuario é un pequeno extracto e o proceso que tivo que levar a cabo para localizalo innecesariamente tedioso.</p><ul><li>Profundar na investigación de modelos e técnicas de recuperación de información aplicados a noticias textuais, dando lugar a un sistema avanzado de acceso á información que traballe sobre bases documentais de noticias. </li><li>Deseñar sistemas de procura avanzados, capaces de recuperar pasaxes dentro das noticias, detectar a novidade con respecto a outros textos, construír resumos e identificar temas secundarios. </li></ul> - David Enrique Losada Carril
projects_gl