Proxecto Nós
O Proxecto Nós é un proxecto inédito en Galicia que permitirá xerar os recursos dixitais e lingüísticos precisos para facilitar o desenvolvemento de aplicacións baseadas en Intelixencia Artificial (IA) e Tecnoloxías da Linguaxe (TL) tales como asistentes de voz, tradutores automáticos e axentes conversacionais en lingua galega.
Obxectivos
O obxectivo central do proxecto é promover a presenza dixital do galego, garantindo que a nosa lingua non fique excluída dos novos desenvolvementos TIC, mediante a creación dunha ampla variedade de ferramentas e recursos de alta calidade que serán postos, de xeito gratuíto, a disposición de calquera institución, organización ou empresa que queira desenvolver un produto tecnolóxico, aplicación ou servizo que incorpore o galego. Deste xeito, ademais de garantir os dereitos lingüísticos das galegas e galegos no mundo dixital, tamén se contribuirá á modernización e dixitalización do ecosistema de empresas galegas e á creación de valor con novos produtos que empreguen a lingua galega.
Proxecto
/research/projects/proxecto-nos

- Javier González Corbelle, Raquel Vázquez García, Susana Sotelo Docío, Silvia Paniagua Suárez, Alberto Botana López, Manuel Álvarez Loureiro, Sabela López Pato, Daniel Bardanca Outeiriño
projects_gl